revenidas vilaxoan de arousa septembro 2023

O festival Revenidas 2023 anuncia as súas datas: celebrarase en Vilaxoán do 7 ao 10 de setembro

As primeiras entradas sairán a venda o mércores 21 de decembro a 40€. Poderán mercarse na web www.revenidas.com

A tradicional sardiñada popular terá lugar o domingo 10

O festival Revenidas 2023 xa ten datas: celebrarse do xoves 7 ao domingo 10 de setembro. Por suposto, en Vilaxoán. O Revenidas repite o formato e a ubicación que tan bo resultado tivo na pasada edición.
Os concertos do festival prolongaranse durante catro xornadas, acollendo ademais o domingo ao mediodía a tradicional sardiñada popular, aberta ao público.


As primeiras entradas poranse á venda o vindeiro mércores 21 de decembro a un prezo de 40 euros. As entradas poderán mercarse a través da web www.revenidas.com.


As persoas que dispoñan do Bono Cultural da Xunta de Galicia poderán utilizalo e mercar as entradas ata cun 50% de desconto.


O Revenidas desvelará nos vindeiros días os primeiros nomes de artistas e grupos confirmados. Os organizadores prometen un cartel que manteña a esencia de Revenidas con grupos de enorme relevancia no panorama estatal, gran diversidade de estilos e linguas, unha destacada presenza feminina e, como non, co mellor da escena musical galega.