O Revenidas publica os horarios dos seus concertos

O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán do xoves 10 ao domingo 13 de setembro, publica os horarios dos máis de 30 concertos e sesións de Dj’s que acollerán os seus escenarios nas catro xornadas do festival.

A sesión vermú do sábado, unha das máis agardadas polos asistentes, estará protagonizada por grandes artistas galegos como The Rapants e Fillas de Cassandra. Outro dos directos con maior espectativda desta edición, o de La Gossa Sorda, terá lugar no “prime time” da noite desa xornada, ás 22.30 horas. Grandes artistas como Bob Vylan, Narco ou Evaristo, repartiranse as xornadas de xoves e venres.

Horarios Revenidas 2026

Collede papel e bolígrafo ou facede captura de pantalla porque este é o plan definitivo para o Revenidas 2026:


XOVES 10

18:00 – A Duendeneta
18:30 – De Ninghures (Escenario Galicia Calidade)
19:30 – Nadie González (Escenario Vibra Mahou)
20:30 – Sara Hebe (Escenario Galicia Calidade)
21:45 – Süne (Escenario Vibra Mahou)
22:45 – A Duendeneta
23:15 – Narco (Escenario Galicia Calidade)
00:40 – El Pony Pisador (Escenario Vibra Mahou)
01:55 – Sons of Aguirre & Scila (Escenario Galicia Calidade)


FIN DE FESTA – La Yaya DJ (Escenario Vibra Mahou)

VENRES 11

17.20: A Duendeneta
17.40: Matah (Escenario Vibra Mahou)
18.40: Dakidarría (Escenario Galicia Calidade)
20.00: The Salsa Punk Orkestra (Escenario Vibra Mahou)
21.00: A Duendeneta
21.30: Evaristo (Escenario Galicia Calidade)
23.10: Ilan Amores (Escenario Vibra Mahou)
00:15: Bob Vylan (Escenario Galicia Calidade)
01:20: La Sra. Tomasa (Escenario Vibra Mahou)
02.25: Arrhythmia (Escenario Galicia Calidade)

FIN DE FESTA – Terrae (Escenario Vibra Mahou)

SÁBADO 12

11:00 – A Duendeneta
11:30 – Queen Rendi (Escenario Vibra Mahou)
12:30 – The Rapants (Escenario Galicia Calidade)
13:45 – 9Louro (Escenario Vibra Mahou)
14:50 – Fillas de Cassandra (Escenario Galicia Calidade)
16:00 – Tapa D’Orella (Escenario Vibra Mahou)
17:10 – Malifeta (Escenario Galicia Calidade)
18:10 – Maloa Brothers (Escenario Vibra Mahou)
19:40 – El Drogas (Escenario Galicia Calidade)
21:00 – A Duendeneta
21:30 – Kumbia Queers (Escenario Vibra Mahou)
22:30 – La Gossa Sorda (Escenario Galicia Calidade)
00:10 – Awakate (Escenario Vibra Mahou)
01:10 – Rebeliom do Inframundo (Escenario Galicia Calidade)
02:30 – Taqbir (Escenario Vibra Mahou)
Fin de Festa: A Duendeneta

DOMINGO 13

12:30 – Os Terribles de Arousa (Parque Dona Concha)
13:00 – Uxía Lambona e a Banda Molona (Escenario Deleite)
13:30 – Sardiñada Turismo Rías Baixas (Parque Dona Concha)
14:15 – As do Xeito (Parque Dona Concha)
15:30 – Mekánika Rolling Band (Parque Dona Concha)
17:15 – Gala de Circo Solidaria (Escenario Deleite)
19:15 – De Vacas (Escenario Vibra Mahou)
21:15 – Lisdexia (Escenario Vibra Mahou)

Entradas por día, abonos e zonas de acampada

Ata este venres 4 de setembro, data na que se modificarán os prezos, os abonos e as entradas por día poden mercarse na plataforma Woutick aos seguintes prezos:

Abonos: 66 euros + gastos de xestión

Entrada Xoves: 30 euros + gx

Entrada Venres: 36 euros + gx

Entrada Sábado: 40 euros + gx

Entrada Domingo: De balde

As persoas que merquen o abono tamén poderán reservar o acceso á acampada por un importe de 15 euros por persoa no Rial, a piques de completar aforo, con servizo circular de bus gratuíto. Para os de entrada de día, o prezo da zona de acampada será de 10 euros por persoa.

As persoas que xa teñan mercado o seu abono ou entrada de día e queiran engadir a súa zona de acampada poden facelo a través da seguinte ligazón.