FAQS / ENTRADAS

Terás que mercar o teu abono e pórte en contacto con Woutick a través do enderezo electrónico attcliente@woutick.es para pedir que che devolvan os cartos da entrada de día. Terás que facilitar os códigos da entrada de día e o abono mercado. 

Si, todo o mundo ten a opción dun cambio de nome por entrada, que ten un custo de 3 € dende o 10 de xullo, e  pode facerse na seguinte ligazón:

https://woutick.com/es/modificar-entradas

Lembra que, aínda que cambie a titularidade da entrada, todas as comunicacións do festival se lle notificarán ao comprador/a de a mesma.

Si.

O abono terá un custe de  75 euros en taquilla

As entradas dun só día custarán: xoves 40  euros, venres 40 euros e sábado 45 euros.

Co elevado ritmo de venda non podemos asegurar que queden entradas en taquilla. Non corras o risco de quedar sen a túa e mércaa agora facendo clic aquí

A venda de entradas en liña durante o festival (tede en conta que, de non esgotarse antes, no despacho de billetes seguen á venda durante todo o evento):

  • Entrada dun día para o xoves: o propio xoves ata as 10h

  • Entrada dun día para o venres: o propio venres ata as 10h

  • Entrada dun día para o sábado: o propio sábado ata as 10h

  • ABONO para todos os días: o xoves 11 ata as 10h

Non, podes traela descargada no móbil tanto como pdf como no wallet.

Non poderemos deixarche pasar soamente co DNI, tes que ensinarnos tamén o código da entrada.

Si, indicando coa compra o código: CARNEXOVEFESTIVAIS. O desconto será aplicable só aos 200 primeiros abonos. Este código é de aplicación individual e soamente pode usarse a título persoal. É dicir, non é unha promoción, é un código de desconto que se aplica se a persoa que merca acredita estar en posesión del Carné Xove. Terá que mostralo en taquilla cando recolla a súa pulseira. Tampouco é un desconto aplicado a grupos, soamente se pode beneficiar cada persoa individualmente. 

Si. Mercando mediante a tarxeta prepago habilitada polo Bono Cultural Joven e acreditando a compra subindo o ticket de compra na aplicación do mesmo. Lembra que só podes mercar a entrada, non a zona de acampada nin facer recarga previa con el. Se tes algún problema no proceso de compra da entrada co Bono podes enviar un correo a attcliente@woutick.es

HORARIOS

Todos os días abrimos portas media hora antes do inicio dos concertos.

  • O xoves ás 17:50h.

  • O venres ás 16:30h

  • O sábado abrimos portas ás 11:00h. e os concertos comezan ás 11:30h. 

  • O domingo o acceso é de balde, abrindo portas ás 12:00h.

  • XOVES: 12:00 a 2:00h
  • VENRES: 12:00 a 2:00h
  • SÁBADO: 10:30 a 2:00h
  • Todos os días abrimos portas media hora antes do inicio dos concertos.

    • O xoves ás 18:00h.

    • O venres ás 16:30h

    • O sábado abrimos portas ás 11:00h. e os concertos comezan ás 11:30h. Un día de concertos ata ás 04:00h.

    • O domingo o acceso é de balde, abrindo portas ás 12:30h.

     

PULSEIRAS CASHLESS

Si. Podedes entrar e saír todas as veces que queirades, sempre que validedes a pulseira ao saír do recinto.

Non. Tal e como recollen as condicións xerais, a pulseira é o único acceso válido para entrar no recinto dos concertos e para a acampada.

Esta pulseira é persoal e intransferible: non se poderán retirar pulseiras para outras persoas.

A organización colocará a pulseira ao usuario final, que se fai responsable de validar que está correctamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado.

A perda, manipulación ou rotura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto.

En ningún caso se cambiará unha pulseira en mal estado por outra nin se repoñerá unha pulseira perdida.

Poderás cargar a túa pulseira cashless con tarxeta, tanto no despacho de billetes como dentro do recinto, pero lembra que este será o único medio de pago admitido no festival.

Obviamente tamén se pode cargar con efectivo.

É saldo que cargas na túa pulseira, para logo comprar na barra, posto de merchandising ou na zona de gastronomía do festival.

Poderás recargar a túa pulseira ao realizar a compra do teu abono e beneficiarte así da promoción*. Tamén podes facelo máis adiante ou no propio festival nos distintos postos de recarga. O día 10 de setembro remata da promoción.

Recarga xa canto queiras, evita colas, e se cando volvas a casa aínda tes saldo, solicita a devolución a semana despois o festival para que cho reembolsen á túa conta corrente.

A pulseira entregaráseche o día do festival tras validar a túa entrada. Será obrigatoria para acceder e saír do recinto todos os días.

Se realizaches recarga anticipada a través desta web ao comprar a túa entrada, ou despois, terás que facilitar en taquilla o código que xerou este proceso e asocialo a túa pulseira, que xa estará lista para usar.

– Recarga anticipada: CARGA XA a túa PULSEIRA DENDE CASA E EVITA COLAS. Podes facelo aquí se xa tes a túa entrada:

PREME AQUÍ PARA RECARGAR

O importe mínimo para a precarga online será de 20 euros.

– Recarga in situ: Se non queres facer a precarga de maneira anticipada, no recinto de concertos terás dispoñibles varios puntos de recarga, xa sexa con tarxeta ou en efectivo. Non haberá importe mínimo de recarga in situ e o máximo será de 200 euros. Durante o festival tamén poderás seguir facendo a túa recarga online neste enlace:

PREME AQUÍ PARA RECARGAR

As consumicións en barra, foodtrucks e merchandising oficial pagaranse a través da pulseira, e poderás consultar o teu saldo en todo momento.

– Termos e condicións*

  • Para recibir o diñeiro sobrante será necesaria a solicitude de devolución, xa que se debe facilitar un IBAN de conta española para poder transferir os importes sobrantes.
  • O período de devolucións comezará o martes 16 de setembro ás 23.59 e finalizará o martes 23 de setembro ás 23:59. A solicitude débese realizar no propio perfil de cada usuario.
  • O diñeiro de promocións non é reembolsable. Por motivos técnicos, debes consumir todo o saldo da promoción antes de facer a seguinte recarga, ou se considerará como non consumido, aínda que fixeses recargas posteriores.

ACCESO A MENORES

Si. As persoas menores de 0 a 12 anos (incluídas) accederán ao recinto de xeito gratuíto e as menores de 13 a 17 anos (ámbalas idades incluídas) deberán adquirir unha entrada de persoa adulta.

Polas últimas modificacións legais en materia de protección ao menor e igualdade de trato, podes ir só sempre que collas a pulseira en taquilla e des os teus datos (nome e teléfono).

Este non é un festival pensado para que os máis pequenos anden sós, polo que recomendamos que veñades acompañados dos vosos pais ou de adultos.

Os menores de 12 anos non pagan entrada, pero deberán ir a taquilla a coller unha pulseira de menores que é gratuíta. Deberán deixar o seu nome e un teléfono de contacto por motivos de seguridade e trazabilidade.

Unha vez na taquilla do festival, poráselle unha pulseira para acceder ao recinto dos concertos.

Recomendase que o/a menor estea acompañado/a dentro do recinto en todo momento por un adulto responsable. 

VARIOS

Desde que teñades a vosa pulseira. É dicir, a partir do xoves 11 de setembro ás 12:00h.
Os que teñan acampada diaria, unha vez collida a entrada diaria en taquilla o mesmo día (consultar os horarios de pulseiras).

Non. Deberás recoller a pulseira na taquilla do recinto antes de ir á túa zona da acampada. Sen ela non che deixarán acceder ao recinto do Rial ou A Pelada.

Para ver as condicións das zonas de acampada click aquí:

https://revenidas.com/zona-acampada/

Se xa tes a túa entrada de día ou abono e queres reservar a túa zona de acampada antes de que comece o festival, podes facelo facendo clic aquí.

Si, como non! Será o domingo 14 de setembro a partir das 13:30 horas, este ano levará o nome de SARDIÑADA TURISMO RÍAS BAIXAS.

Non, o domingo será unha xornada de portas abertas ata que rematen os concertos.

Si, proximamente anunciaremos o cartel. Para mercar as entradas hai que acceder premendo AQUÍ.

O domingo 14 ás 17:15h.

Si. Cada persoa poderá acceder ao recinto de concertos con botellas de plástico brando con auga de ata 0,5 litros, sempre que estea precintada (desprecintarana na entrada), e con comida para consumo individual, envolta en tea, papel de aluminio ou similares. Por motivos de seguridade alimentaria, terás que presentar unha declaración responsable. Tes toda a información nas condicións xerais.

Si, por suposto. E contaremos con comida vegetariana, vegana e sen glute!

Non, pero poderedes chegar en coche ata a entrada da acampada, e aparcar nas proximidades.

Si, haberá un posto de merchandising durante todo o Festival.

Si, a dous minutos andando: PRAIA DO PREGUNTOIRO

ZONA 2
ACAMPADA A PELADA
(de pago 5€)