O festival Revenidas anuncia o seu cartel por días con Sra Tomasa, De Vacas e Lisdexia, entre outros

O Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán do 10 ao 13 de setembro de 2026, vén de desvelar o cartel dos catro días ao tempo que anuncia nove novos artistas que se suman ao festival.

O festival arrincará o xoves 10 coas presenzas de Narco, Sara Hebe, De Ninghures, Sons of Aguirre & Scila, Nadie González, Süne, El Pony Pisador, Yaya Dj e A Duendeneta.

O venres 11 será a quenda de Evaristo, Bob Vylan, Dakidarría, Ilan Amores, La Sra.Tomasa, Matah, Terrae, The Salsa Punk Orkestra, Arrhythmia e A Duendeneta.

A terceira xornada do festival, a do sábado 12 reunirá a La Gossa Sorda, El Drogas, Fillas De Cassandra, The Rapanst, Taqbir, Rebeliom do Inframundo, Kumbia Queers, Malifeta, 9Louro, Awakate, Maloa Brothers, Queen Rendi, Tapa De Orella e A Duendeneta.

O Revenidas pecharase o domingo 13 coa tradicional sardiñada popular ao mediodía, a Gala de Circo Solidaria e as actuacións de Mekanika Rolling Band, As do Xeito, De Vacas e Lisdexia.

Novas incorporacións

Coincidindo co anuncio do cartel por días, o Revenidas revela nove novos nomes que se suman á súa programación. Entre eles, os barceloneses El Pony Pisador, unha banda que mestura folk, cantos de taberna e espíritu festivo; La Sra. Tomasa, a banda que hai máis dunha década revolucionou a escena da fusión da electrónica e os ritmos latinos que ofrecerá no Revenidas o seu derradeiro concerto en Galicia; De Vacas, coas súas irreverentes, desenfadadas e harmónicas revisións de clásicos do pop; Taqbir, a gran referencia actual do punk marroquí.

Tamén estará Maloa Brothers, o trío formado por un dos vocalistas de La Raíz; Tapa D’Orella, a nova proposta de verbena 2.0 de Pappaquino e Willow GHZ; Lisdexia, a banda de punk e garaje rock chegada dende Muros; Yaya Dj, xa todo un clásico do Revenidas, e A Duendeneta, que este ano celebra a súa décima presenza de forma consecutiva no festival de Vilaxoán con sesións o xoves e o venres e o peche da xornada do sábado.

Nas vindeiras semanas o festival completará a súa programación co anuncio das actividades paralelas que completarán a experiencia Revenidas.

Entradas e acampada por días á venda

O Revenidas xa ten á venda un cupo moi limitado de entradas de día a prezos de promoción:

  • Xoves: 28 euros + gastos de xestión
  • Venres: 35 euros + gx
  • Sábado: 38 € euros + gx

Os abonos para as tres xornadas do Revenidas 2025 seguen á venda a un prezo de 66€ (+gastos de xestión).
As persoas que merquen o abono tamén poderán reservar na web o acceso á acampada por un importe de 15 euros. Tamén é posible reservar o acceso á acampada por días, a un prezo de 10 euros por cada xornada.