Zonas de acampada
Esta edición haberá dúas zonas de descanso no Revenidas 22
ZONA 1
ACAMPADA O RÍAL
(de pago)
Esta zona de acampada está situada a 20 minutos andando (1,6 km) do recinto do festival e a 800 metros de moitas praias. Accédese a ela dende a rúa Fiuncho as 24 horas do día.
A acampada é de pago e está AGOTADA!! Pódese acceder só coa adquisición do Abono para os 5 días do Festival, sendo a entrada a partir da 13h do mércores 7 de setembro e a saída será antes das 13h do luns 12 de setembro.
O dereito de acampada obtense soamente coa adquisición do Abono e marcando a casiña “Si” na opción de Acampada, durante o proceso de compra e tras pagar o prezo fixado .
Revenidas disporá de todos os servizos básicos para que a túa estancia sexa o máis cómoda posible. Hablitando esta con baños, duchas, control de accesos as 24 horas e Seguridade 24h, con servizo de barra, e de limpeza así como de recollida de residuos. Tamén haberá un espazo reservado para persoas con mobilidade reducida.
A zona de acampada ten acceso restrinxido e unha extensión de aforo limitado. Para entrar a ela deberás levar a PULSEIRA DE ACAMPADA do festival que PERMITE exclusivamente o acceso a esta zona. Poderás recollela a partir do mércores 7 de setembro ás 12:00h nas taquillas do festival.
Esta pulseira non é a pulseira do ABONO, é unha segunda pulseira.
- Zona de acampada en zona verde con parte de sombra e árbores
- Zona de duchas e aseos
- Punto de recarga para móbiles
- Servizo de barra ata as 20:00h
- Control de acceso as 24 horas, e
- Seguridade
- Servizo de limpeza
- Papeleiras e illas de reciclaxe para a separación e xestión de resíduos
- Consignas
Pola vosa seguridade, só é posible acampar con tendas de campaña. Non se poderán montar cenadores, toldos, lonas, carpas ou otros elementos que supoñan unha extensión horizontal ou vertical ao espazo da tenda de campaña.
A acampada realizarase por orde de chegada (non se poden reservar espazos) e en todo momento haberá que seguir as indicacións do persoal do Festival. Está prohibido acampar fóra da área habilitada, incluidos os corredores.
O espazo é limitado, polo que as parcelas terán un espazo máximo de 3×2, non estando permitidas tendas dimensións maiores, nin que sexan ocupadas por un número de persoas inferior á capacidade da tenda.
O persoal do Festival poderá denegar a instalación de tendas de campaña ou outros elementos que poidan resultar perigosos para os usuarios e o resto de tendas.
Está prohibido anclar as tendas a outros puntos que non sexan o chan e, específicamente, prohíbese por seguridade atar cordas ou outros elementos que supoñan unha barreira entre tendas, árbores ou valos. Os accesos e as saídas de emerxencia, deben estar completamente despexadas para o paso de persoas.
Queda reservado o dereito de admisión.
Pulseiras: Coida a túa pulseira cashless, xa que é a que permite o acceso á acampada polo que hai que conservala durante tódolos días que dura o Festival, ademáis É IMPRESCINDIBLE A LECTURA DO CHIP PARA ACCEDER E SAIR da zona de acampada, polo que o seu uso é individual e intransferible e calquera manipulación poderá revocar o teu dereito de acceso.
Comida e bebida: aínda que se pode acceder con bebida e comida, a organización resérvase o dereito a vetar a entrada de algún obxecto, substancia ou material que considere perigoso.
Descanso: a zona de acampada é para durmir. Están prohibidos dispositivos de audio e calquera elemento que poida perturbar o descanso de veciños e campistas. O respecto e o silencio son esenciais, pregando evitar ruídos a partir das 20:00h, para evitar molestias veciñas e do hotel próximo.
Lume: Está terminantemente prohibido facer calquera tipo de lume ou acceder con camping gas ou elementos inflamables.
Mascotas e vehículos: Queda prohibida a entrada de mascotas (excepto cans guía) ou vehículos á zona de acampada.
A organización do festival poderá expulsar da zona de acampada a toda persoa que cause molestias aos demais usuarios ou incumpla as normas básicas de convivencia e boa educación, perdendo ademais o dereito a asistir ao festival.
Perda de obxectos: non deixedes obxectos de valor na Zona de Acampada. A organización do festival non se fai responsable de calquera roubo, dano ou outra actuación delitiva que se poida ocasionar.
ZONA 2
ACAMPADA A PELADA
(gratuita)
Esta zona de acampada está situada a 20 minutos andando (1,7 km) do recinto do festival e da Praia do Preguntoiro. Accédese a ela dende a rúa do Xogo as 24 horas do día.
Está a carón do Campo de Fútbol da Pelada e carece de zonas de sombra. É a primeira vez que temos esta zona de acampada, froito de moito esforzo para tentar que non quede ningún asistente sen ter onde descansar.
A acampada é gratuíta e só se pode acceder coa adquisición do abono para os 5 días do Festival, ou cunha entrada de día.
O acceso será coa pulseira de entrada ao Festival a partir das 13h do mércores 7 de setembro e a saída será antes das 13h do luns 12 de setembro.
As persoas que teñan entrada diaria, deberán abandonar a zona de descanso antes das 13h do día seguinte.
O dereito de acampada obtense soamente coa adquisición do Abono ou a entrada diaria do Revenidas 22 e cubrindo o formulario de rexistro aquí.
Contará con servizos basicos de baños, duchas, limpeza e control de accesos as 24 horas.
A zona de acampada ten acceso restrinxido e unha extensión de aforo limitada. Para entrar a ela deberás levar a pulseira do festival que dá acceso ao festival e cubrir o rexistro da acampada aquí. Poderás recollela a partir do mércores 7 de setembro ás 12:00h nas taquillas do festival.
Se tes entrada de día, terás que recoller antes en taquilla a pulseira do día (consultar antes os horarios de apertura das taquillas)
Cubrir o formulario non garantiza ter praza fixa de acampada, recomendamos chegar canto antes á zona de acampada, previo cambio de pulseira, xa que as prazas iranse cubrindo por riguroso orde de chegada.
- Zona de acampada modesta, sen sombra nin árbores, basica para descansar durante os días do Revenidas 22.
- Zona de duchas e aseos
- Control de acceso as 24 horas e seguridade 24 h
- Servizo de limpeza básico