THE RAPANTS

THE RAPANTS

Escenario: Mahou

Hora: 00:00h

Unha banda que surfea entre o pop, o garage e o disco e que amosa un directo sen tregua co obxectivo de facer bailar sen prexuízos. Orixinaria de Muros presenta unha singular formación con dous vocalistas. Unha aposta pola singularidade e a frescura das novas xeracións do panorama musical galego. Foron os gañadores do concurso Sonidos Mans en 2021.