LA PEGATINA

LA PEGATINA

Escenario: Xacobeo

Hora: 22:00h

Se xa de por si eran festeiros, tras dous anos de concertos en contido formato pandémico, La Pegatina están que botan por fóra. E para máis excitación chegan con novo disco debaixo do brazo e cun novo espectáculo cargado de visuais. Un desenfreo cheo de confetis e de ritmos bailables. Un non parar, vaia.