DUBIOZA KOLECTIV

DUBIOZA KOLEKTIV

Escenario: Xacobeo

Hora: 22:40h

Nunha festiva e delirante fusión de hip- hop, reggae, dub, rock e folclore de Bosnia baséase a proposta de Dubioza Kolektiv. Así é xa nos seus discos e multiplicado por tres nos seus frenéticos concertos. Todo elo tinguido de negro e amarelo e cunha considerable dose de contido político, sen perder nunca de vista a diversión. Porque como dixo o seu teclista: “Dubioza demostra que a xente pode bailar e pensar ao mesmo tempo”.