TANXUGUEIRAS

TANXUGUEIRAS

Escenario: Xacobeo

Hora: 17:30h

O trío de pandeireteiras formado por Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro confírmanse como a gran revelación da música tradicional galega dos últimos tempos. Midas, Figas e, finalmente, Terra, o tema co que concorreron ao Benidorm Fest, puxeron o seu nome en boca de todo o mundo e leváronas aos carteis de festivais en todo o Estado. Tanxugueiras chegan ao Revenidas apenas un mes despois de publicar Diluvio, un disco co que veñen de poñer patas arriba a escena musical galega.