LAURA MONTAGNE

LAURA LAMONTAGNE & PICO AMPERIO

Escenario: Mahou

Hora: 18:00h

Animados pola fusión do universo poético e folk de Laura LaMontagne e a experiencia hip-hop de PicoAmperio, en 2019, xurdiu esta alianza que xa ten deixado un pouso importante. Melodías suaves, bucles vocais, percusións marcadas e atmósferas rascadas son elementos esenciáis da particular expresión artística deste dúo que invoca a musas e meigas co fin de fundir fronteiras temporais e estilísticas. Na súa proposta misturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip hop e poesía, poñendo especial atención nos textos de Martín Codax, Airas Nunes, Rosalía de Castro, Luz Fandiño ou Xela Arias.