BRATZANTIFA

BRAZTANTIFA

Escenario: Mahou

Hora: 21:00h

Lucía Amado e Marina Gozález fundaron Braztantifa en 2021, cun estilo que vai dende o bedroom pop ás músicas urbanas, e que busca mesturar o do it yourself e a actitude punk coa tenrura e o intimismo. Nas súas letras falan «das preocupacións das mozas de vintepico: as ETTs, o Tinder, as goteiras nos pisos precarios e que che falten dez días cotizados para poder cobrar o paro». Braztanifa foron as gañadoras do concurso Sonidos Mans 2022, o que directamente lles abriu as portas do escenario do Revenidas.