ACAMPADA
ACAMPADA O RÍAL
Esta zona de acampada está situada a 20 minutos andando (1,6 km) do recinto do festival e a 800 metros de moitas praias. Accédese a ela dende a rúa Fiuncho as 24 horas do día.
A acampada é de pago (15€). Pódese acceder só coa adquisición do abono ou entrada de día para o Festival, sendo a entrada a partir da 12:00 h do xoves 11 de setembro e a última saída será antes das 12:00 h do luns 15 de setembro.
Se non sabes que acampada tes, NA ENTRADA SAE CO TEXTO: ACAMPADA O RIAL
O dereito de acampada obtense soamente coa adquisición do Abono e mercando o complemento na opción de Acampada O Rial, durante o proceso de compra e tras pagar o prezo fixado (15€).
Revenidas disporá de todos os servizos básicos para que a túa estancia sexa o máis cómoda posible. Habilitando esta zona con baños, duchas, control de accesos as 24 horas e seguridade 24h, con servizo de barra, e de limpeza así como de recollida de residuos. Tamén haberá un espazo reservado para persoas con mobilidade reducida.
Un ano máis contaremos con buses que realizarán de xeito gratuíto para xs campistas o percorrido FESTIVAL-ACAMPADA-FESTIVAL.
A zona de acampada ten acceso restrinxido e unha extensión de aforo limitado. Para entrar a ela deberás levar a PULSEIRA DE ACAMPADA do festival que PERMITE exclusivamente o acceso a esta zona. Poderás recollela a partir do xoves 11 de setembro ás 12:00h nas taquillas do festival.
Esta pulseira non é a pulseira do ABONO, é unha segunda pulseira.
Non se pode entrar á acampada sen a pulseira.
- Zona de acampada en zona verde con parte de sombra e árbores
- Zona de duchas e aseos
- Punto de recarga para móbiles
- Servizo de barra ata as 20:00h
- Control de acceso as 24 horas
- Seguridade
- Servizo de limpeza
- Papeleiras e illas de reciclaxe para a separación e xestión de resíduos
- Buses gratuítos circulares FESTIVAL-ACAMPADA-FESTIVAL
A acampada estará aberta desde o xoves 11 ás 12h, ata o luns 15 ás 12h (data e hora en que todas as persoas acampadas deberán desaloxar a zona).
Pola vosa seguridade, só é posible acampar con tendas de campaña. Non se poderán montar cenadores, toldos, lonas, carpas ou otros elementos que supoñan unha extensión horizontal ou vertical ao espazo da tenda de campaña.
A acampada realizarase por orde de chegada (non se poden reservar espazos) e en todo momento haberá que seguir as indicacións do persoal do Festival. Está prohibido acampar fóra da área habilitada, incluidos os corredores.
O espazo é limitado, polo que as parcelas terán un espazo máximo de 3×2, non estando permitidas tendas dimensións maiores, nin que sexan ocupadas por un número de persoas inferior á capacidade da tenda.
O persoal do Festival poderá denegar a instalación de tendas de campaña ou outros elementos que poidan resultar perigosos para os usuarios e o resto de tendas.
Está prohibido anclar as tendas a outros puntos que non sexan o chan e, especificamente, prohíbese por seguridade atar cordas ou outros elementos que supoñan unha barreira entre tendas, árbores ou valos. Os accesos e as saídas de emerxencia, deben estar completamente despexadas para o paso de persoas.
Queda reservado o dereito de admisión.
Pulseiras: Coida a túa pulseira cashless, xa que é a que permite o acceso á acampada polo que hai que conservala durante tódolos días que dura o Festival, ademáis É IMPRESCINDIBLE A LECTURA DO CHIP PARA ACCEDER E SAIR da zona de acampada, polo que o seu uso é individual e intransferible e calquera manipulación poderá revocar o teu dereito de acceso.
Comida e bebida: aínda que se pode acceder con bebida e comida, a organización resérvase o dereito a vetar a entrada de algún obxecto, substancia ou material que considere perigoso.
Descanso: a zona de acampada é para durmir. Están prohibidos dispositivos de audio e calquera elemento que poida perturbar o descanso de veciños e campistas. O respecto e o silencio son esenciais, pregando evitar ruídos a partir das 20:00h, para evitar molestias veciñas e do hotel próximo.
Lume: Está terminantemente prohibido facer calquera tipo de lume ou acceder con camping gas ou elementos inflamables.
Mascotas e vehículos: Queda prohibida a entrada de mascotas (excepto cans guía) ou vehículos á zona de acampada.
A organización do festival poderá expulsar da zona de acampada a toda persoa que cause molestias aos demais usuarios ou incumpla as normas básicas de convivencia e boa educación, perdendo ademais o dereito a asistir ao festival.
Perda de obxectos: non deixedes obxectos de valor na Zona de Acampada. A organización do festival non se fai responsable de calquera roubo, dano ou outra actuación delitiva que se poida ocasionar.