Acreditación de prensa 2025

Chega unha nova edición do festival Revenidas e todos os medios de comunicación que desexen cubrir o noso evento deberán enviar a súa solicitude antes do venres día 5 de setembro, inclusive. Pasada dita data, non se aceptará ningunha petición máis.


Todos os medios que cubran o formulario de acreditación recibirán unha mensaxe o martes 9 coa resolución final sobre o estado da súa solicitude a través do correo electrónico facilitado. En caso afirmativo ofreceremos toda a información que poidan precisar para cubrir o festival.


Para poder obter a acreditación será preciso que se explique a cobertura a realizar no Revenidas 2025 e, aqueles medios que repitan edicións, deberán acreditar os traballos feitos noutros anos. De non ser así poderíase negar dita acreditación.


Cada persoa acreditada deberá estar localizable e identificada en todo momento durante o evento en caso de que exista algunha incidencia.


Só se permite un máximo de tres persoas por medio, pudendo ampliarse en función da cobertura que se pretenda realizar.


NORMAS

  • A acreditación de prensa só dará acceso a os espazos designados para os medios, como as zonas de foso nos escenarios.


  • En ningún momento se poderá acceder a zona de backstage, camerinos ou zonas de produción sen o consentimento previo da organización do Revenidas.


  • A acreditación de prensa pode ser revocada se se incumpre algunha das normas citadas anteriormente.

Formulario para a petición de acreditacións de prensa para Revenidas 2025