Música, cultura gastronomía… e agora tamén ciencia
Este ano, e por primeira vez en Galicia, o Revenidas incorpora unha nova experiencia ao festival: o Escenario ‘Ondas e Partículas’.
Trátase dun espazo adicado á divulgación científica que se poderá gozar de balde durante os catro días do festival de Vilaxoán.
O Escenario ‘Ondas e Partículas’ forma parte do programa de festivais do CERN e chega por primeira vez a Galicia da man do IGFAE, o FECYT Ciencia e innovación e a CERN and Society Foundation.
Ofreceremos charlas en directo con figuras da divulgación científica galega e estatal como Eduardo Sáenz de Cabezón, Verónica Bolón, Paula Desiré, Jose Edelstein e Adrián García, entre outrxs moitxs. Tamén algúns dos nosos artistas musicais pasarán por este escenario único.
Tamén poderedes participar en obradoiros, experimentos en directo e actividades (como crear xeados a partir de nitróxeno líquido) para descubrir o mundo que nos rodea dun xeito moi diferente.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.