O Revenidas, nomeado en oito categorías dos premios Iberian Festival
O festival de Vilaxoán compite nas categorías de Mellor Festival de
Formato Medio, Mellor Actuación en Vivo dun artista español ou
portugués, Mellor Actuación Internacional, Mellor Programación
Cultural ou Mellor Fotografía, entre outras
O festival Revenidas de Vilaxoán está nomeado en oito categorías dos
prestixiosos premios Iberian Festival Awards 2025. Os galardóns, que
recoñecen as contribucións e logros dos organizadores de festivais e
outros actores da industria en España e Portugal durante o ano
anterior, contan co Revenidas entre os finalistas na categorías de
Mellor Festival de Formato Medio, Mellor Actuación en Vivo dun artista
español ou portugués (Rebeliom do Inframundo), Mellor Actuación en
Vivo Internacional (Dubioza Kolektiv), Mellor Programación Cultural,
Mellor Promoción Turística, Mellor Fotografía de Festival (Christian
Pérez), Mellor Cobertura en Vídeo (Xoán Tourís) e Mellor Acollemento
e Recepción.
Na edición de 2024, Revenidas foi finalista en dúas categorías
(Mellor Festival Lusófono e Hispánico e de Mellor Fotografía de
Festival) polo que os oito nomeamentos deste ano suponen un gran salto
cualitativo e cuantitativo.
A gala de entrega de premios da novena edición dos Iberian Festival
Awards terá lugar o 15 de marzo en Almancil (Portugal).
O edición de 2024 do festival Revenidas, celebrada do 12 ao 14 de
setembro, congregou a 25.000 asistentes nun extraordinario ambiente e
cunha reafirmada aposta pola música galega (Tanxugueiras, Fillas de
Cassandra, The Rapants, Guadi Galego, Dakidarría, Rebeliom do
nframundo…) e grandes artistas do panorama nacional e internacional
como Talco, Dubioza Kolektiv, La Pegatina, Narco ou El Kanka.
MELLOR FOTO E MELLOR ACTUACIÓN EN VIVO
Christian Pérez, responsable da vertente fotográfica do Revenidas
dende hai case unha década, volve a estar nomeado na categoría de
Mellor Fotografía de Festival. A imaxe candidata nesta ocasión foi
tomada durante o concerto de Tanxugueiras, no momento no que o trío de
pandereteiras achegouse a cantar entre o público.
Na instantánea pódense interpretar todos os matices que representan o
Revenidas: o agarimo e alegría na mirada e sorriso de Olaia (cantante
no centro da imaxe), a forza e enerxía de Sabela (á esquerda) e,
rodeando ás artistas, con sumo respecto e emoción, o público do
festival –que queda representado co seu logo no alto do escenario
principal.
Tamén foi nomeado nesta edición dos premios Iberian Festival, dentro
da categoría de Mellor Actuación en Vivo dun artista español ou
portugués, o concerto que Rebeliom do Inframundo ofreceron no Revenidas
ante máis de 6.000 persoas, e no que contaron con invitados e invitadas
como Tanxugueiras, Vértebras, Nadie González, Cousxs ou Treintañeras
Cañeras.
MELLOR FESTIVAL DE FORMATO MEDIO
Por outra banda, o Revenidas está tamén noemado na categoría Mellor
Festival de Formato Media. Neste ámbito, a candidatura destaca o feito
de que un pequeno pobo de Vilaxoán, cun ceso menor a 2.000 persoas,
sexa capaz de acoller un festival desta dimensión e con estasa
características. Tamén se subliña o gran impacto económico que o
Revenidas xera: valorado pola USC en dous millóns de euros, con 150
postos de traballo directos, que se suman aos máis de 500 entre
técnicos e artistas. Por último, tamén se ten en consideración a
programación que se desenvolve paralela ao máis de 40 concertos, coa
sardiñada popular, a Gala de Circo Solidaria, os concertos a bordo ou o
roteiro turístico pola vila.
MELLOR ACOLLEMENTO E PROMOCIÓN TURÍSTICA
Dous elementos fundamentais na filosofía do Revenidas, como son a súa
xerosa vontade de acollida e a promoción turística de Vilaxoán e, por
extensión, da súa contorna, tamén foron tidos en conta polos Iberian
Festival Awards, que nomeu ao Revenidas nas categorías de Mellor
Promoción Turística e Mellor Acollemento e Recepción.
Neste último nomeamento, valórase o feito de que os asistentes ao
festival contan con todos servizos necesario para que calquera tipo de
público poidera gozar dunhas grandes xornadas, xa sexa entre amigos ou
en familia: Seguridade, Protección Civil, asistencia médica, Punto
Lila, aseos con auga potable gratuíta, grandes espazos naturais para
descansar, extensas e numerosas barras de bebidas, diversidade de oferta
gastronómica, espazos para persoas con movilidad reducida e zonas de
acampada con todos os servizos (aseos, duchas, espazos de sombra e
despachos de billetes).