Como chegar
A través da autoestrada AP-9 (A Coruña-Vigo) collendo a saída en dirección Vilagarcía de Arousa e utilizando posteriormente o enlace á PO-529.
Dende o leste través da N-640, que une Lalín con Vilagarcía a través de Caldas de Reis. Dende o norte través da estrada PO-541. E dende o sur (Pontevedra) a través da PO-531.
A liña A Coruña-Vigo conta cunha estación en Vilagarcía de Arousa. Esta estación conta con conexións directas ata Madrid en tren de alta velocidades. Dende a estación de Vilagarcía ata Vilaxoán hai tan só 3 quilómetros, polo que é posible desprazarse en taxi, en autobús urbano ou mesmo a pé, nun cómodo paseo a través do paseo marítimo que une as dúas localidades.
Vilagarcía de Arousa conta cunha estación de autobuses con liñas directas ás principais cidades galegas. Tres quilómetros separan esta estación de Vilaxoán, que poden ser percorridos en taxi, en autobús urbano ou a pé a través do paseo marítimo.
Utilizando os aeroportos de Santiago de Compostela (Lavacolla) ou de Vigo (Peinador). O primeiro está a uns 50 quilómetros de Vilaxoán, en tanto que o segundo áchase a aproximadamente 60 quilómetros. Desde calquera dos dous pódese acceder facilmente á autoestrada AP-9. Ambos contan ademais con servizos de aluguer de vehículos e autobuses directos ás estacións de ferrocarril de Santiago e Vigo.