SANGUIJUELAS DEL GUADIANA

Escenario: Mahou

Hora: 00:40h

Tres amigos estremeños decidiron un bo día darlle forma e nome ás xuntanzas que de mozos facían por diversión e nas que, á súa maneira, interpretaban temas de Extremoduro, Triana, Estopa ou Nirvana. Despois comezaron a compoñer as súas propias cancións e o resultado é Revolá, un disco con cancións autobiográficas que calquera mozo dunha zona rural podería escribir pero coa característica inevitable de estar bañadas pola tradición dunha zona despoboada e a modernidade da globalización.