HUGO GUEZETA

Escenario: Galicia Xunta Xacobeo

Hora: 18:20h

Ano e medio tras a disolución de SonDaRúa, Hugo Guezeta retornou en solitario ao primeiro plano musical publicando, baixo a produción de Peter Petrowski, Espertar, o que foi sen dúbida un dos discos galegos máis sobresaíntes de 2024. Loxicamente, Hugo Guezeta tiña que estar presente nesta edición do Revenidas.