O Revenidas presenta o cartel por días e pon á venda as entradas para cada xornada do festival

Ante o elevado ritmo de venda de entradas o festival habilita unha segunda
zona de acampada


A Duendeneta súmase ao cartel do Revenidas, onde estarará presente o
xoves, o venres e o sábado

O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán do xoves 7 ao domingo 10 de setembro, ven
de desvelar o cartel dos catro días ao tempo que saca á venda as entradas soltas para cada
unha das xornadas do festival.

O Revenidas comezará o xoves 7 de setembro coa presenza dun dos grandes nomes de
referencia da nova escena latinoamericana como é Ana Tijoux, con Desakato (que ofrecerán
en Vilaxoán o seu derradeiro concerto antes de despedirse como banda o 11 de novembro), a
combativa activista feminista arxentina Sara Hebe, a gañadora do concurso Sonidos Mans
HYDN, o festivo colectivo madrileño de cumbia-punk, rap e electrónica Tremenda Jauría, The
Skarnivals
, Arrythmia e A Duendeneta, aos que hai que sumar un nome que se desvelará nas
vindeiras semanas.

A segunda xornada do festival, ao venres 8, reunirá aos valencianos Zoo, a gran revelación da
música galega deste 2023, Fillas de Cassandra, aos tamén valencianos e igual de
comprometidos Los Chikos del Maíz, o principal expoñente da música electrónica en euskera,
Zetak; o novo grupo de Evaristo Calvo, Tropa do Carallo; Sheila Patricia, La Regadera,
Rebeliom do Inframundo e A Duendeneta.

O sábado 9 de setembro o Revenidas recibe a Ska-P, que ofrecerán en Vilaxoán o seu único
concerto en Galicia deste ano. Ese mesmo día terá lugar o concerto especial do XX Aniversario
de Dakidarría, con feixe de artistas convidados e que será gravado para se converter no
primeiro disco en directo da banda do Val Miñor. Completan o cartel do sábado o músico
asturiano Rodrigo Cuevas, Heredeiros da Crus, Lamatumbá, Nativa, Kiza, O Rabelo, Familia
Caamagno, Mondra, The Rapants, Kris K Dj, Me Fritos and the Gimme Cheetos, A
Duendeneta
e unha banda que se anunciará en breve.
A xornada do domingo 10, na que se celebrará a tradicional sardiñada popular e a Gala de
Circo Solidaria
contará no musical coas actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona, La
Yaya Dj e Xosé Lois Romero e Aliboria
, que serán os encargados de pechar o Revenidas 2023.
En datas próximas daranse a coñecer as dúas bandas que faltan por anunciar do cartel así
como os grupos e artistas que participarán nas actividades paralelas como a Gala de Circo ou
os concertos a bordo. Tamén se anunciarán en breve así as datas, horarios e contidos de
outras experiencias Revenidas como os roteiros guiados, showcokings e das catas.
Revenidas conta co apoio de Mahou Cinco Estrellas na súa aposta por reivindicar que os
encontros entre persoas son esenciais para vivir mellor

ENTRADAS POR DÍA
A partir de hoxe xa están a venda a través da web www.revenidas.com as entradas soltas para
cada xornada. O prezo da entrada do xoves é de 30 euros (+gastos de xestión), para o venres
de 35 euros (+gx) e para o sábado tamén de 35 euros (+gx). As entradas por días teñenu cupo
limitado polo que é aconsellable mercalas coa maior anterioridade posible.
Todas as actuacións da xornada do domingo son de balde e con entrada libre.
O prezo do abono actualizarase a partir de mañá venres e pasará dos 57 euros actuáis a 62
euros (+ gastos de xestión)

Tamén a partir de hoxe, os mozos e mozas que dispoñan de Carné Xove da Consellería de
Política Social e Xuventude poderán beneficiarse dun 15% de desconto á hora de comprar o
abono utilizando o código CARNEXOVEFESTIVAIS (oferta válida para os primeiros 200 abonos).
As persoas que accedan a este desconto deberán presentar o seu carné no acceso ao festival.