FAQS / ENTRADAS
Non te preocupes, podes facer un upgrade da túa entrada dende aquí.
Si.
Si. o abono terá un custe de 70 euros en taquilla
As entradas dun só día custarán: xoves 40 euros, venres 45 euros e sábado 45 euros.
E co elevado ritmo de venta de entradas non está claro que haxa entradas en taquilla
xa que igual se poden esgotar antes.
Venda de entradas en liña durante o festival (tede en conta que no despacho de billetes seguen á venda durante todo o evento):
Entrada dun día para o xoves: o propio xoves ata ás 10h
Entrada dun día para o venres: o propio venres ata ás 10h
Entrada dun día para o sábado: o propio sábado ata ás 10h
BONO para todos os días: o xoves 12 ata ás 10h
Si, indicando coa compra o código: CARNEXOVEFESTIVAIS. O desconto será aplicable só aos 200 primeiros abonos. Este código é de aplicación individual e soamente pode usarse a título persoal. É dicir, non é unha promoción, é un código de desconto que se aplica si a persoa que merca acredita estar en posesión del Carné Xove. Tampouco é un desconto aplicado a grupos, soamente se pode beneficiar cada persoa individualmente.
Si. Mercando mediante a tarxeta prepago habilitada polo Bono Cultural Joven e acreditando a compra subindo o ticket de compra na aplicación do mesmo. Se tes algún problema no proceso de compra da entrada co Bono podes enviar un correo a ayuda@enterticket.es
HORARIOS
Todos os días abrimos portas media hora antes do inicio dos concertos.
O xoves ás 18:00h.
O venres ás 17:00h
O sábado abrimos portas ás 11:00h. e os concertos comezan ás 11:30h. Un día de concertos ata ás 3:30h.
O domingo o acceso é de balde, abrindo portas ás 12:00h.
- MÉRCORES: 12:00 a 2:00h
- XOVES: 12:00 a 2:00h
- VENRES: 12:00 a 2:00h
- SÁBADO: 10:30 a 2:00h
Podes consultar todos os horarios nos concertos deste link da nosa web: https://revenidas.com/horarios-festival/
PULSEIRAS CASHLESS
Non. Tal e como recollen as condicións xerais, a pulseira é o único acceso válido para o recinto dos concertos e para a acampada.
Esta pulseira é persoal e intransferible: non se poderán retirar pulseiras para outras persoas.
A organización colocará a pulseira ao usuario final, que se fai responsable de validar que está correctamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado.
A perda, manipulación ou rotura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto.
En ningún caso se cambiará unha pulseira en mal estado por outra nin se repoñerá unha pulseira perdida.
Poderás cargar a túa pulseira cashless con tarxeta, tanto no despacho de billetes como dentro do recinto, pero lembra que este será o único medio de pago admitido no festival.
Obviamente tamén se pode cargar con efectivo.
É saldo que cargas na túa pulseira, para logo comprar na barra, posto de merchandising ou na zona de gastronomía do festival.
Poderás recargar a túa pulseira ao realizar a compra do teu abono e beneficiarte así da promoción*, facelo máis adiante ou no propio festival nos distintos postos de recarga. 11 de setembro fin da promoción.
Recarga xa canto queiras, evita colas, e se cando volvas a casa aínda tes saldo, solicita a devolución a semana despois o festival para que cho reembolsen á túa conta corrente.
– Recarga anticipada: CARGA XA a túa PULSEIRA DESDE CASA E EVITA COLAS. Podes facelo aquí se xa tes a túa entrada:
O importe mínimo para a precarga online será de 10 euros e o máximo de 100 euros.
– Recarga in situ: Se non queres facer a precarga de maneira anticipada, no recinto de concertos terás dispoñibles varios puntos de recarga, xa sexa con tarxeta ou en efectivo. Non haberá importe mínimo de recarga in situ e o máximo será de 200 euros. Durante o festival tamén poderás seguir facendo a túa recarga online neste enlace:
As consumicións en barra, foodtrucks e merchandising oficial pagaranse a través da pulseira, e poderás consultar o teu saldo en todo momento.
– Termos e condicións*
- Para recibir o diñeiro sobrante será necesaria a solicitude de devolución, xa que se debe facilitar un IBAN de conta española para poder transferir os importes sobrantes.
- O período de devolucións comezará o martes 17 de setembro ás 23.59 e finalizará o martes 24 de setembro ás 23:59. A solicitude débese realizar no propio perfil de cada usuario.
- O diñeiro de promocións non é reembolsable. Por motivos técnicos, debes consumir todo o saldo da promoción antes de facer a seguinte recarga, ou se considerará como non consumido, aínda que fixeses recargas posteriores.
ACCESO A MENORES
Polas últimas modificacións legais en materia de protección ao menor e igualdade de trato, podes ir só sempre que collas a pulseira en taquilla e des os teus datos (nome e teléfono).
Este non é un festival pensado para que os máis pequenos anden sós, polo que recomendamos que veñades acompañados dos vosos pais ou de adultos
Os menores de 13 anos non pagan entrada., deberán ir a taquilla a coller unha pulseira de menores que é gratuíta. Deberán deixar o seu nome e un teléfono de contacto por motivos de seguridade e trazabilidade.
Unha vez na taquilla del festival, se lle porá unha pulseira para acceder ao recinto dos conciertos.
Recomendase que o/a menor esté acompañado/a dentro do recinto en todo momento por un adulto responsable.
VARIOS
Desde que teñades a vosa pulseira. É dicir, a partir do xoves 12 de setembro ás 12:00h.
Os que teñan acampada diaria, unha vez collida a acampada diaria en taquilla o mesmo día (consultar os horarios de pulseiras)
Para ver as condicións das zonas de acampada click aquí:
Si, como non! Será o domingo 15 de setembro a partir das 13:00, este ano levará o nome de SARDIÑADA TURISMO RÍAS BAIXAS.
Si, proximamente anunciaremos o cartel. Para mercar as entradas hai que acceder premendo AQUÍ.
Si. Cada persoa poderá acceder ao recinto de concertos con botellas de plástico brando con auga de ata 0,5 litros, sempre que estea precintada (desprecintarana na entrada), e con comida para consumo individual, envolta en tea, papel de aluminio ou similares. Por motivos de seguridade alimentaria, terás que presentar unha declaración responsable. Tes toda a información nas condicións xerais.
Tampouco.