O Revenidas publica os horarios dos seus concertos

O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán do xoves 11 ao domingo 14 de setembro, vén de desvelar os horarios dos máis de 30 concertos e sesións de Dj’s que acollerán os seus escenarios nas tres xornadas do festival.

O concerto do sábado ao mediodía, un dos máis agardados polos seguidores do festival, terá este ano como protagonistas a Lendakaris Muertos. A emblemática banda de punk-rock subirá ao escenario do Revenidas ás 12.30 horas, no que será o seu derradeiro concerto en Galicia antes do seu anunciado “parón indefinido”.

Horarios Revenidas 2025

Collede papel e bolígrafo ou facede captura de pantalla porque este é o plan definitivo para o Revenidas 2025:


XOVES 11

17.50: A Duendeneta
18.20: Hugo Guezeta (Escenario Galicia)
19.20: Dick Move (Escenario Vibra Mahou)
20.20: The Rapants (Escenario Galicia)
21.35: The Baboon Show (Escenario Vibra Mahou)
22.45: A Duendeneta
23:15: Dubioza Kolketiv (Escenario Galicia)
00.40: Sanguijuelas del Guadiana (Escenario Vibra Mahou)
01.50: Buhos (Escenario Galicia)
03.00: Galician Army (Escenario Vibra Mahou)

VENRES 12

16.30: A Duendeneta
16.50: Seitura (Escenario Galicia)
17.45: J Martina (Escenario Vibra Mahou)
18.50: Sés (Escenario Galicia)
20.00: Les Testarudes (Escenario Vibra Mahou)
21.00: A Duendeneta
21.30: Fermin Muguruza (Escenario Galicia)
23.40: Sons of Aguitte & Scila (Escenario Vibra Mahou)
00.40: Baiuca (Escenario Galicia)
01.55: Svetlana (Escenario Vibra Mahou)
02.55: Talco (Escenario Galicia)

SÁBADO 13

11.00: A Duendeneta
11.30: Filloas (Escenario Vibra Mahou)
12.30: Lendakaris Muertos (Escenario Galicia)
13.45: A Duendeneta
14.15: Monoulious Dop (Escenario Vibra Mahou)
15.20: Mondra (Escenario Galicia)
16.35: F.R.A.C. (Escenario Vibra Mahou)
17.30: Dakidarría (Escenario Galicia)
19.00: Bewis de la Rosa (Escenario Vibra Mahou)
20.05: Heredeiros da Crus (Escenario Galicia)
21.20: A Duendeneta
21.50: Onza (Escenario Vibra Mahou)
23.00: Riot Propaganda (Escenario Galicia)
00.30: La Élite (Escenario Vibra Mahou)
01.40: La Fúmiga (Escenario Galicia)
03.00 Omiri (Escenario Vibra Mahou)
Fin de Festa: Yaya Dj (Escenario Vibra Mahou)

DOMINGO 14

12.30: Os Terribles de Arousa (Parque Dona Concha)
13.00: Concerto Punkinfantil (Escenario Deleite)
13.30: Sardiñada Turismo Rías Baixas (Parque Dona Concha)
14.15: As do Xeito (Parque Dona Concha)
15.30: Mekánika Rolling Band (Parque Dona Concha)
17.15: Gala de Circo Solidaria (Escenario Deleite)
19.45: Orquestra Bravú Xangai (Escenario Vibra Mahou)
21.15: Terrae (Escenario Vibra Mahou)

Entradas por día, abonos e zonas de acampada

Ata o martes 2 de setembro, data na que se modificarán os prezos, os abonos e as entradas por día poden mercarse na plataforma Woutick aos seguintes prezos:

Abonos: 69 euros + gastos de xestión

Entrada Xoves: 35 euros + gx

Entrada Venres: 35 euros + gx

Entrada Sábado: 40 euros + gx

Entrada Domingo: De balde

As persoas que merquen o abono tamén poderán reservar o acceso á acampada por un importe de 15 euros no Rial, a piques de completar aforo, e 10 euros na Pelada, ambas con servizo circular de bus gratuíto. Os posuidores de entrada de día tan só poderán reservar a acampada na Pelada.

As persoas que xa teñan mercado o seu abono ou entrada de día e queiran engadir a súa zona de acampada poden facelo a través da seguinte ligazón.

ACREDITACIÓNS PRENSA

Os medios de comunicación que desexen cubrir o festival Revenidas deberán cubrir o formulario de acreditación dispoñible en revenidas.com/prensa antes do venres 5 de setembro, inclusive. Despois desta data, non se aceptará ningunha petición máis.

Os medios que cubran o formulario recibirán unha mensaxe o martes 9 coa resolución final sobre o estado da súa solicitude a través do correo electrónico facilitado. En caso afirmativo ofrecerase ademais toda a información que poidan precisar para cubrir o festival.

Para poder obter a acreditación será preciso que se explique a cobertura a realizar no Revenidas 2025 e, aqueles medios que repitan edicións, deberán acreditar os traballos feitos noutros anos. De non ser así poderíase negar dita acreditación.
Só se permite un máximo de tres persoas por medio, pudendo ampliarse en función da cobertura que se pretenda realizar.