O festival Revenidas porá á venda o 2 de xaneiro os primeiros 500 abonos a un prezo de 46 euros máis gastos

O festival Revenidas, que se celebrará do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán, porá a venda 500 abonos para fieis, mesmo antes de dar a coñecer o seu cartel.

Os abonos poderán mercarse a partir das 12.00 horas do martes 2 de xaneiro na web www.revenidas.com. O excepcional prezo destes 500 primeiros abonos será de 46 euros máis gastos de xestión.

As persoas que merquen esters abonos tamán poderán reservar xa a zona de acampada dende a propia web, abonando o suplemento correspondente

Aínda que o Revenidas non avanzou aínda ningún dos nomes que conformarán o seu cartel, o festival manterá a súa filosfía de incluir destacadas figuras da escena musical galega, estatal e internacional, tendo moi en conta cuestións como a paridade de xénero ou a presenza de linguas minorizadas. Non faltarán tampouco as actividades paralelas que son parte e historia fundamental do Revenidas como a tradicional sardiñada, a Gala de Circo Solidaria, os concertos a bordo ou o roteiro por Vilaxoán.

OITO CANDIDATURAS NOS IBERIAN FESTIVAL AWARDS

O Revenidas ven de ser nomeado en oito categorías dos Iberian Festival Awards. O festival de Vilaxoán é candidato ao

  • Mellor festival de tamaño mediano
  • Mellor promoción turística
  • Mellor programa cultural
  • Mellor estratexia de comunicación e márketing
  • Mellor concerto en directo de España e Portugal: Dakidarría
  • Mellor fotógrafo de festival: Christian Pérez
  • Mellor cobertura de vídeo: Xoán Tourís
  • Mellor festival lusófono e español

A gala de entrega de premios da oitava edición dos Iberian Festival Awards terá lugar en Granada o 15 de marzo. Os candidaturas poden ser votadas ata o 17 de xaneiro na web do festival (pt.surveymonkey.com).