REVENIDAS 2021

En cumprimento do disposto no Real Decreto 2816/1982, e da Lei do Parlamento de Galicia 11/2010, a Organización do Revenidas establece as seguintes normas de acceso para menores de idade:

As persoas menores de 12 anos (inclusive) terán un prezo reducido no abono e na entrada diaria, sempre terán que ir acompañados polo seu pai, nai, titor ou titora.

Os menores de idade que teñan 13, 14 ou 15 anos poderán acceder ao festival pagando a entrada correspondente e tamén deberán ir acompañados polos seu pai, nai, titor ou titora.

Para o acceso de todos os menores (de 0 a 17 anos, ambos inclusive) será imprescindible encher a autorización disponible aquí e presentala xunto a unha fotocopia do DNI do pai, nai, titor ou titora na taquilla do festival, onde se lle colocará unha pulseira identificativa ó/á menor.

A persoa que acompañe ó/á menor terá que adquirir a súa entrada correspondente e deberá presentar a seguinte documentación na entrada do recinto:

  • Se a persoa acompañante durante o festival é o pai, nai, titor ou titora legal: tanto o menor como o acompañante deberán presentar o seu DNI, libro de familia, pasaporte ou documento legal que acredite a relación paterno/materno filial ou de responsabilidade sobre o menor.
  • Se a persoa acompañante non é o pai, nai, titor ou titora legal: o acompañante deberá levar a documentación necesaria para poder identificarse como tal (autorización de asistencia por parte do pai, nai, titor ou titora legal do menor + fotocopia do DNI, libro de familia ou pasaporte de ambos.

En todo momento tanto a persoa acompañante coma o menor deberán levar o seu DNI ou pasaporte por se fose requerido por parte do personal da organización do evento para acreditar a súa identidade. No caso de ser estranxeiros deberán aportar os documentos oportunos do seu país de orixe.

A organización informa que a lexislación vixente prohíbe expresamente a venta de alcol aos menores de 18 anos, polo que se identificará a cada menor cunha pulseira para impedir que merque alcol dentro do recinto. O menor deberá en todo momento levar visible esa pulseira e ter dispoñible o seu DNI.

O incumprimento dalgún dos requisitos anteriormente mencionados será motivo de expulsión do recinto e non dará dereito ao reembolso do importe aboado pola entrada adquirida.

DESCARGAR FORMULARIO