xabier díaz

XABIER DÍAZ

Escenario: Chasula

Hora: 15:00h

O músico coruñés Xabier Díaz é un referente da musica galega do século XX.

As súas composicións, en moitos casos, parten do traballo de investigación, escoitando as cancións das mulleres no rural, e, doutra banda, dándolles o seu toque particular.

Ten recibido numerosos premios polo seu traballo, como o da Música Independente ao mellor álbum en galego en 2016, o premios Martín Códax no apartado de música tradicional 2016 ou o Premio Rebulir 2021 da Cultura Galega na categoría de Música. As Catedrais Silenciadas é o seu terceiro traballo coas Adufeiras de Salitre, logo de The Tambourine Man e Noró. Os tres discos gozaron dun gran recoñecemento da crítica especializada e do público, cun destacado éxito de vendas e repercusión na World Music.

O seu último traballo estivo tres meses no Top Ten da WMCE e acadou o Premio Martín Codax na categoría de Música Tradicional no pasado 2020.

As súas actuacións levárono por numerosos países de Europa, África e América. Entre outros, actuou en Cuba, México, Perú, Italia, Irlanda, Suiza, Zimbawe…

E nos últimos anos, o proxecto coa banda tivo unha gran proxección internacional, visitando Arxentina, Uruguai, Alemaña, Escocia, Inglaterra, Francia, Bélxica, Suecia, Noruega, Portugal, Holanda, Arxelia…