SUU

SUU

Escenario: Xacobeo

Hora: 20:20h

Cunha personalidade desbordante, Suu é unha das caras máis visibles da nova fornada de músicas catalás e da loita polo empoderamento da muller. Dous discos, Natural e Ventura convertérona nunha imprescindible na escena do neoindie.