SONDARUA

SONDARÚA

Escenario: Mahou

Hora: 19:00h

O grupo formado por Hugo Guezeta e Álex Arnoso ás voces e That Bass como DJ é unha das bandas con maior proxección na escena da música galega dos últimos anos. No seu último disco, Eterno Combate, representan fielmente o que queren transmitir e cales son as liñas esenciais do seu estilo. Un estilo que sempre bebe da ironía, da musicalidade e a tradición oral popular galega, pero combinándoo co hip hop máis reivindicativo, cunha importante dose de crítica social e política.