Co seu enxeño e encanto habituais, Mark Twain, un dos grandes escritores do noso tempo, presenta a historia do Xardín do Edén cun Adán criatura de costumes e unha Eva exploradora.
O autor escribira nun inicio o diario de Adán onde analiza a presenza da primeira muller e como nace un novo sentimento que, ata o momento da aparición de Eva, non tiña experimentado.
Anos despois, logo da morte da súa muller, escribiría o diario de Eva a modo de lembranza de quen fora a súa compañeira de vida. Describiu unha Eva esperta, curiosa, unha criatura de notable atractivo. Describiu unha Eva esperta, curiosa, unha criatura de notable atractivo.
Temos escoitado que ‘os boleros son a enciclopedia do amor’. Se de amor falamos, o que non está nos boleros non existe. Por iso transcenderon ao paso dos anos e das culturas. Se tiveramos que poñerlle música ao paraíso de Adán e Eva, posiblemente sonarían algúns dos boleros que presentamos nesta intepretación dos textos de Mark Twain.
A compañía propón un paseo musical da voz de Eva e Adán, coa música en directo de Xosé Lois Romero e baixo a atenta mirada de Roberto Leal. Traemos un anaco do xardín, ou parque, do Edén, e o aroma da primeira relación.