BOIKOT

BOIKOT

Escenario: Xacobeo

Hora: 00:45h

Tras o seu último disco de sonoridades balcánicas en acústico, o grupo madrileño regresou ao seu territorio natural, o punk rock, cunha serie de sinxelos nos que amosan que para nada perderon a súa combativa e característica forza. Esa que fixo posible que se teñan mantido como grupo referencia do xénero durante tres décadas.