A BANDA DA LOBA

A BANDA DA LOBA

Escenario: Mahou

Hora: 16:05h

Outras que repiten tralo seu paso polo Revenidas 2021 son estas cinco mulleres comprometidas coa cultura e a lingua. Co feminismo, coa diversidade, coa memoria histórica, o ecoloxismo e a liberdade. Un compromiso que trasladan ao musical dende unha heteroxeneidade estilística na que teñen cabida o rock, o pop e o folk. E, sobre todo, moita actitude. Nesta edición A Banda da Loba chegan a Vilaxoán para presentar en directo un novo espectáculo baseado no seu novo disco, Xabón Lagarta.